Categorías

Envíos

Antes de formalizar o pedido vostede deberá seleccionar a modalidade de entrega que máis se axuste ás súas necesidades. Agás que teñamos acordada outra cousa, enviaremos o pedido consistente nos produtos relacionados en cada Confirmación de Envío: Martes (Pedidos antes do luns) o Xoves (Pedidos antes do mércores) dende a data da Confirmación de Pedido. A área de reparto vai ata Vigo e Ponteareas como moi lonxe, se houbese un pedido dun lugar máis afastado póñase en contacto connosco.

Teña en conta que existen circunstancias derivadas da personalización dos produtos ou circunstancias imprevistas ou extraordinarias que poden afectar á data de entrega.

Se por algún motivo non puidésemos cumprir coa data de entrega, informarémoslle desta circunstancia e lle daremos a opción de seguir adiante coa compra establecendo unha nova data de entrega ou ben anular o pedido con reembolso total do prezo pagado.

A efectos das presentes Condicións, entenderase que se produciu a entrega ou que o pedido foi entregado no momento en que vostede ou un terceiro indicado por vostede adquira a posesión material dos produtos, o que se acreditará mediante a sinatura da recepción do pedido na dirección de entrega establecida.