Categorías

Sobre Na Abada

Din os grandes sabios que de situacións complexas xurden grandes ideas, pois no ano 2020, 4 xeracións decidimos sumar forzas para por a andar Na Abada!!

Na Abada suma a sabiduría e a morriña dunhas mans que cultivaron a terra con amor e esforzo, a profesionalidade de mans tituladas que buscan avanzar e superar os novos retos do sector; Na Abada, suma mans cheas de inxenio e orgullosas do traballo xa feito, pero o que da sentido a todo é a suma de mans inda limpas, que serán as que construirán o futuro da nosa Terra. Por iso, Na Abada, é un proxecto familiar!!

Nunha sociedade na que nos damos conta de que debemos cambiar moitas cousas, e os pequenos xestos son os que moven os grandes cambios, o empoderamento do consumidor e a esperanza para proxectos como Na Abada, onde a volta as orixes, supón camiñar cara un futuro respetuoso co medio ambiente, lóxico co desenvolvemento social e saudable para todos nos.

Queremos ofrecerche a posibilidade de consumir froitas e verduras de tempada, recien colleitadas da nosa horta ecolóxica, e entregadas directamente no teu fogar, cultivadas de xeito respetuoso co medio ambiente, buscando sempre a calidade e a seguridade alimentaria. Pomos os nosos productos recien apañados directos o teu fogar!!

A nosa tenda